Cookies

Noticias 

© FEI | 13/03/2018 | Coidadores de Barrio na presentación co Alcalde de Vigo, Abel Caballero e a Presidenta da Fundación Érguete-Integración

O servizo de Coidadores/as de Barrio, prestado a través da Fundación Érguete-Integración, volve a funcionar partir deste venres

Este servizo posibilita a centos de vigueses e viguesas saír das súas casas e levar a cabo quefaceres cotis

13/03/2018 | Vigo

A partir deste luns 16 de marzo o servizo de Coidadores/as de Barrio volve a poñerse en marcha. Este servizo GRATUITO, do Concello de Vigo e que se presta a través da Fundación Érguete-Integración, serve para axudar a todas as persoas que precisen apoio nas tarefas cotiás, ben por cuestións de idade ou por motivos de dependencia. Onte, presentábase o proxecto nun acto co Alcalde de Vigo Abel Caballero, o Concelleiro na área de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá e Carmen Avendaño, Presidenta da Fundación Érguete-Integración.

Esta labor desenrólase en seis áreas da cidade: Casco Vello, Teis, Bouzas, Coia, Travesas e O Calvario, mellorando así a promoción interna e externa dos barrios de Vigo. Para acceder a este servizo tan só hai que poñerse en contacto coa Fundación Érguete-Integración ou a través do 010.

O programa ten unha dobre finalidade: Por unha banda prestar un servizo á cidadanía máis vulnerable. Por outro lado, é unha oportunidade para incorporar ó mercado laboral a persoas en situación de risco de exclusión social converténdoos en axentes activos e útiles.

O día a día do persoal laboral deste programa é o de facerlle a vida máis sinxela ás persoas usuarias do servizo, acompañándoas a facer a compra ou ás citas médicas. En definitiva, a compaña  da que moita xente precisa pero da que non todo o mundo dispón.

Durante esta primeira semana, as persoas usuarias están recibindo formación básica na que se integran os seguintes módulos: A movilización básica de persoas, A atención eficaz no trato segundo estrato de idade do cidadán, Sensibilización para a Igualdade, Habilidades Sociais, Formación específica do posto de coidador/a.

O ano pasado fixéronse máis de 2.000 recados. A maioría deles destinados a acompañamentos relacionados con visitas médicas ou con trámites administrativos. Pero tamén se reclama a axuda coas bolsas das compras ou para baixar o lixo.  Os perfís das persoas que se benefician do servizo, son principalmente os de xente que vive soa ou que ten mobilidade reducida, aínda que tamén a hai de mediana idade con problemas de adiccións ou con dificultades económicas.

Unha obra social, que axuda ás dúas partes, e que intenta, na medida do posible, combater a soidade.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > > Coidadores/as de Barrio