Cookies

Noticias 

© FEI | 19/04/2016 | Coidadora acompañando a unha usuaria

Coidadores/as de barrio no Faro de Vigo

O diario publicou unha ampla reportaxe sobre o seu labor de atención e apoio a persoas dependentes da cidade

19/04/2016 | Vigo

Co título “Os anxos do barrio" o Faro de Vigo publicou, o pasado 18 de abril, unha ampla reportaxe na que se recollen as actividades que presta este servizo municipal que desenvolve a Fundación Érguete-Integración nos barrios do Calvario, Teis, Bouzas, Travesas, Coia e Casco Vello.

Son case 400 as persoas que fan uso deste servizo, fundamentalmente maiores, ás que se acompaña ou apoia para facer diversas xestións, realizar compras, pasear ou acudir a actividades de lecer. Neste artigo podemos ler os interesantes testemuños de persoas beneficiarias e dalgúns dos cuidadores/as, e o podes ler pinchando aquí.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > PROGRAMAS > Servizos á cidadanía