Cookies

Noticias 

© FEI | 19/06/2019 | Persoas usuarias da entidade participando da iniciativa 'Móllate!'

O CIS móllase polo San Xoán

Persoas usuarias da Fundación Érguete-Integración residentes no CIS de A Coruña axudan a construir unha guirnalda kilométrica de plásticos usados para sensibilizar sobre os residuos que inundan as praias en San Xoán.

19/06/2019 | A Coruña

Na tarde do luns 17 de xuño trece persoas usuarias da Fundación Érguete-Integración residentes no CIS da Coruña en réxime de semiliberdade participaron na campaña medioambiental Móllate! do Concello da Coruña para sensibilizar sobre o vertido de residuos durante a noite de San Xoan.

 

A actividade, que se fixo en colaboración con alumnas do CIFP do Anxel Casal, centrouse en construír unha grilanda quilométrica de plásticos usados para “adornar” un espazo relevante da cidade e concienciar sobre a problemática medioambiental que se produce trala celebración da noite de San Xoán nas praias coruñesas.

 

Este é o cuarto ano consecutivo que a Fundación participa nesta iniciativa do Concello, na que tamén colaboran outros centros educativos, de formación profesional e entidades sen ánimo de lucro, aportando iniciativas para conseguir reducir o lixo xerado esa noite.

 

Cada ano a acción socieducativa divídese en dúas partes. Unha máis teórica e de concienciación sobre a contaminación dos océanos e a problemática local; e unha segunda, onde xa elixidas as ideas, desenvólvese un taller práctico para levalas a cabo.

 

Parece que ano tras ano conséguese reducir de xeito significativo a porcentaxe de residuos nas praias. Así que só queda seguir apoiando e traballando neste tipo de iniciativas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere