Cookies

Noticias 

© FEI | 28/12/2016 | Reparto Cenas en Vigo. Voluntarios/as y personal de Fundación Érguete en Coruña

Nadal Solidario

O 24 e 31 de decembro o Programa Sísifo da Fundación Érguete-Integración reparte a cea de Noiteboa e Noitevella para persoas sen recursos usuarias do servizo.

26/12/2016 | Vigo y Coruña

Nestas datas, aumentan as nosas ganas de axudar aos demais así como a necesidade de recibir axuda, xa que son moitas as persoas que non poden gozar de ceas e comidas en familia, ben porque están soas ou non teñen os recursos suficientes.

As organizacións sociais mantemos as portas abertas todo o ano pero nestas datas tamén nos solidarizamos con aqueles máis desfavorecidos e por iso este Nadal, igual que en anos anteriores, o Programa Sísifo organizou unha repartición de comida a persoas sen teito, usuarias dos seus servizos, coa colaboración de Voluntarios/as de "a Caixa" en dúas datas moi sinaladas, 24 Noite Boa e o día 31 Noite Vella.

O día 25, entregáronse 80 ceas na cidade de Vigo e 25 na cidade da Coruña, o día 31 farase outra repartición igual para a cea de fin de ano.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Sísifo