Cookies

Noticias 

© PLESUREPHOTO | 08/07/2019 | Autorretrato de Barbara Morgan

Barbara Morgan, a multidisciplinar obra dunha das grandes fotógrafas do S.XX

No 119 aniversario do seu nacemento celebramos a vida e obra dunha fotógrafa que abriu camiño para moitas outras despois dela cunha obra que retrata a vida do S.XX en EEUU

08/07/2019

O 8 de xullo do ano 1900 chegaba ao mundo en Buffalo (Kansas) unha muller que se convertería en toda unha referencia no mundo da fotografía. Nacida co nome de Barbara Brooks Johnson, pronto a súa familia mudaríase para a Costa Oeste de EEUU e pasou a súa infancia e adolescencia en California. Nesta época xa se manifestou a súa vena e tendencia artística, o que a levou a estudar pintura na Universidade de California.


Tras rematar os seus estudos comezou a ensinar no San Fernando High School e pouco despois pasou a traballar na propia Universidade de California (UCLA). Alí foi unha firme defensora da arte máis moderna e abstracto fronte a moitos dos seus colegas de traballo, que tiñan unha aproximación máis tradicional á arte.


Ese mesmo ano, en 1925, casou con Willard D. Morgan, un escritor que ilustraba os seus relatos con fotografías propias. Barbara comezou así a adentrarse no mundo da fotografía, axudando ao seu marido a fotografar arquitectura moderna. Non obstante, mentres para el a fotografía era a verdadeira arte moderna do século XX, nese momento Barbara a vía simplemente como algo útil para gardar rexistro das cousas e continuou centrándose na súa obra pictórica.

 

Ingreso na Photo League e realización como fotógrafa
Pero a súa visión cambiaría. E comezou a interesarse máis e máis pola fotografía, sobre todo tras axudar a organizar en 1927 unha exposición de Edward Weston coa súa colega Annita Delano. Quedou abraiada polas brillantes fotografías que reflexaban a vida californiana e mexicana. Así iniciou a súa incrible carreira como fotógrafa.


Aínda que non se consideraba totalmente unha fotógrafa, a comezos dos anos 30 Barbara Morgan xa tiña exposto fotografías súas en varias ocasión e cada vez vivía máis ese mundo. Xunto co seu marido ían temporadas ao deserto onde, cargados de material fotográfico, adicábanse a tomarse imaxes o un do outro e da contorna. Así, pouco a pouco, foi interesándose por máis temas e dominando a técnica deste arte.


Morgan foi una das primeiras persoas en unirse á Photo League, tamén foi ademais co-fundadora da revista de fotografía Aperture.

 

Un dos momentos claves da súa faceta como fotógrafa foi, sen dúbida, cando asistiu á una actuación da bailarina Martha Graham en 1935. A forza da danza moderna impactouna tanta que concibiu un libro centrado neste arte ese mesmo ano. Así, pasou os anos seguintes fotografando a bailaríns e bailarinas que quedarían inmortalizados no libro Martha Graham: Sixteen Dances in Photographs que publicou en 1941. Esta obra foi un dos puntos álxidos da súa carreira e pola que pasaría á historia como un dos grandes nomes da fotografía do século XX.


Sendo una muller multidisciplinar, moi válida en varias facetas artísticas e temáticas, tamén se dedicou a temas de interese social para reflexar a vida americana moderna. O seu traballo sobre a educación e crecemento na infancia inspirou proxectos de campamentos e escolas, e incluso o plasmaría no libro Summer’s Children (1951).


Nos anos 50 volveu á pintura, pero a súa importancia como fotógrafa era tal que seguiu a recibir recoñecementos, como o National Endowment for the Arts, e aínda hoxe en día o seu Arquivo e a súa obra acadan unha gran importancia como documento que reflexa a arte e a vida do século XX.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia