Cookies

Noticias 

© FEI | 07/04/2017 | Trenzas africanas 'Gladys', empresa creada mediante asesoramiento del PAI

Trenzas africanas 'Gladys'. Nova empresa do Punto de Autoemprego Incorpora

Gladys, emprendedora asesorada polo noso Punto de Autoemprego Incorpora, inaugurou a súa perruquería especializada en trenzas africanas, grazas á financiación de MICROBANK.

07/04/2017 | Vigo

A nosa usuaria Gladys Aifuwa, beneficiaria do PAI, conseguiu, logo de moito esforzo e traballo, abrir as portas do seu negocio na Travesía de Vigo nº20.

Despois do estudio da viabilidade económica e da formalización do Plan de empresa, guiada e asesorada polo Programa de Autoemprego da Fundación Bancaria la Caixa e que xestionamos dende a Fundación Érguete-Integración, conseguiu a financiación necesaria de Microbank para facer realidade o seu proxecto.

A súa constancia e dedicación, xunto có asesoramento recibido, fixeron posible que Gladys creara o seu propio posto de traballo.

Noraboa Gladys!

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Punto Autoemprego Incorpora