Cookies

Noticias 

Xornada de autoemprego ''Axudámosche a emprender''

A Fundación Érguete-Integración realizará unha xornada de sensibilización ao emprendemento,  para dar a coñecer o programa Punto de Autoemprego Incorpora, promovido pola obra social “la Caixa”.

21/04/2017

Un ano máis a Fundación Érguete-Integración realizará unha xornada sobre emprendemento. Terá lugar o 23 de maio na Casa Galega da Cultura, Praza da Princesa nº22 en Vigo, en horario de 9:00 a 14:00.

O acto está destinado a promover o autoemprego, así como dar a coñecer o programa de asesoramento a emprendedores que a Fundación xestiona para todas as entidades do grupo incorpora Galicia, e que está promovido polo obra Social “la Caixa”.

Participarán, ademáis da técnica do programa,  un representante de Microbank para explicar o Microcrédito Social que esta entidade bancaria ofrece a emprendedores sen recursos económicos e tamén estará presente Inmaculada Rodríguez Cuervo, CEO de Emociacción que impartirá o taller: “Preparados para emprender”.

Imprescindible preinscrición premendo aquí.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Punto Autoemprego Incorpora