Cookies

Noticias 

© Artemisa Gnileschi | 17/10/2018 | Artemisa Gnileschi

Artemisa Gentileschi , a forza da muller no barroco

Roma, 1593 - Napoli, 1654

14/06/2018 | Napoli

Nada en Roma en 1593, Artemisia era a maior e a única muller do catro fillos dun pintor de orixe toscano chamado Orazio Gentileschi.

 

Aprendeu a pintar no taller do pai, bebendo a gallarón do naturalismo típico de Caravaggio e impregnándose do seu dramatismo e dos seus fortes contrastes cromáticos.

 

Aos seus 18 anos, xa convertida nunha pintora con proxección, sufriu unha violación por parte dun compañeiro do seu pai. Tardo un ano en reunir as forzas necesarias para contalo. E denunciouno.

A opinión pública da época mirou con sospeita esa tardanza, concluíndo moitos que en realidade non houbera violación e tratouse dunha relación consentida pola propia nova.

Con todo, o 27 de Novembro de 1612 Agostino Tassi foi declarado culpable.A pena que caeu foi bastante branda: o xuíz deulle a elixir entre cumprir cinco anos de traballos forzados ou o exilio de Roma. Tassi, obviamente, elixiu o exilio.

Artemisia xa comezara a plasmar nos seus lenzos a mulleres fortes e a sufridas, a heroínas, vítimas, suicidas, guerreiras, a personaxes femininos procedentes tanto da Biblia como da mitoloxía. E adoptando unha perspectiva nova: a dunha muller.

Só hai que ver como en 1610, con só 17 anos, a artista xa pintara por exemplo a "Susana e os vellos", un cadro que se basea no relato bíblico da caste Susana, quen se estaba dando tranquilamente un baño cando dous vellos lle propuxeron relacións sexuais.

 

 

Pero sen dúbida, a súa obra máis famosa e a que mellor evidencia o seu estilo desgarrador é 'Judith decapitando a Holofernes'. Plasma o momento no que a viuda Judith, axudada pola súa fiel doncella, decapita a Holofernes, o xeneral asirio enimigo que se encaprichara con ela, aproveitando que estaba borracho e durmido.

 

 

En vida pintou sen parar e chegou a gozar de certa fama. Pero tras a súa morte en Nápoles en torno a 1654, Artemisia Gentileschi caeu nun longo e profundo esquecemento que durou séculos. Tan só na segunda metade do Século XX a súa arte comenzou a ser de novo apreciada por algúns críticos e o seu nome, desoterrado.

 

Pero, sobre todo, foi a raiz de que nos anos 70 o movemento feminista convertira a esta artista nun símbolo de loita de xénero.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia