Cookies

Noticias 

© FEI | 22/08/2016 | AMTEGA

A Fundación Érguete-Integración aliada do Plan de Inclusión Dixital de Galicia

AMTEGA, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, adheríu a nosa Fundación como Aliado Dixital ao Plan de Inclusión Dixital de Galicia, na categoría de entidade colaboradora.

22/08/2016 | Vigo

O Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 ten como obxectivo avanzar da alfabetización á autonomía mediante un novo modelo de inclusión dixital. É un Plan orientado a toda a sociedade galega, prestando especial atención aos colectivos en risco de exclusión dixital, que fomentará a autonomía persoal, o avellentamento activo e a seguridade e confianza na rede mediante o uso das @TIC. Preténdese, con isto, vertebrar e cohesionar socialmente os entornos locais, en especial as zonas ruráis a respecto das urbanas, aumentar a accesibilidade a Internet, avanzar na alfabetización, diminuir a fenda dixital de xénero, mellorar a empregabilidade das persoas e a xerar emprego.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ASESORAMENTO PARA O EMPREGO > Ciber Emprego