Cookies

Axenda de actividades

© FEI | 07/05/2019 |

Inicio Proxecto ABEIRO en Centro Penitenciario Monterroso

10 homes privados de liberdade formaranse como internos de apoio

13/05/2019 - 30/08/2019 | Lugo

Un grupo de 10 persoas privadas de liberdade formaranse como Auxiliares de Psiquiatría a través do Proxecto ABEIRO, mediante o cal, recibirán non só unha formación con titulación homologada, senón que adquirirán as competencias técnicas necesarias para desenvolver a función de Interno de apoio dentro do centro.

 

Durante catro meses o grupo participante recibirá clases presenciais de man dunha experta docente no ámbito da saúde, ademais participarán en sesións de adestramento en competencias sociais e formación pre-laboral.

 

A Fundación Érguete - Integración desenvolve por primeira vez esta formación no CP Monterroso, xa que conta coa subvención destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito das drogodependencias e os trastornos adictivos, e atención ás persoas con maior vulnerabilidade pola infección por VIH, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, xestionadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

 

 

                           

Lugar de celebración:

CENTRO PENAL MONTERROSO

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere