Cookies

Noticias 

© FEI | 20/08/2019 | Inicio fase OUT do Programa Reincorpora na Coruña

Comezo do curso de Actividades Auxiliares de Comercio

Persoas usuarias da Fundación Érguete-Integración comezan a súa segunda fase de formación dentro do programa Reincopora de Obra Social "la Caixa"

20/08/2019 | A Coruña

Despois de finalizar a primeira fase de formación e obter o seu título de Actividades Auxiliares de Almacén; este luns, un grupo de 11 persoas usuarias da Fundación Érguete-Integración comenzaron a súa segunda etapa de formación. Esta vez será no “Centro de Formación de Cruz Roja” na cidade da Coruña.

 

Inicíase así a acción formativa da fase OUT do programa Reincorpora de Obra Social "la Caixa". Tras un periodo de formación en medio cerrado (IN), agora as persoas participantes estarán en medio aberto.

 

Ademáis dos contidos básicos do curso, tamén terán a oportunidade de formarse en alfabetización dixital, obter o carnet de carretilla elevadora e o de manipulador/a de alimentos.

 

Despois disto, iniciarán as súas prácticas en diferentes empresas da cidade da Coruña, onde poderán demostrar todos os contidos e habilidades adquiridas durante estes meses de formación.

 

Só nos queda desexarlles moita sorte ao alumnado, para que desfruten e aprendan moito desta nova experiencia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora